Thursday 09 de May de 2024

O Concello de Miño termina a devolución do canon do Monte Piñeiro


A Administración local ha finalizado este procedemento co pago da última anualidade: 324.515 euros.
O Concello de Miño finalizou a devolución do canon do monte Piñeiro co pago da última anualidade de 324.515 €.
En 2006 as empresas ingresaron tres millóns de euros en concepto de adianto de canon de concesión, que posteriormente reclamaron de volta ao non poder construír xa que o TSXG anulou a concesión. En 2014 chegouse a un acordo entre Concello e empresas para o reintegro dun total de 3,2 millóns de euros en prazos anuais ata 2020.
O alcalde celebra resolver outro dos conflitos do Concello de Miño con empresas herdados de gobernos anteriores. No caso do monte Piñeiro, co fin dos pagos e o recente pacto coas empresas propietarias da maioría da superficie para urbanizar o ámbito cunha ordenación máis respectuosa coa contorna.
Manuel Vázquez Faraldo considera que é importante desjudicializar os asuntos municipais e canalizar as contas, para poder centrar todos os esforzos na recuperación de Miño e en atender as necesidades da poboación. “Se antes isto era prioritario, tras a COVID será vital”, remarca.